
A que non sabedes quen acaba de entrar? .... tachan, tachan.....
Os Padriños
(estes si que teñen pinta de indios!!!)
No colo da Madriña non se está nada mal, paréceme cantareira a rapaza, terei que agardar acontecementos. Polo de agora dame sensacións moi coloridas.
Do Padriño penso que mellor non falar, fica afastado con medo a que lle mexe no colo (todo chegará, tranquilo), mais mirade por onde, este tenme pinta de guitarreiro. Inda vou ter sorte e acertei cun deses canteiros da Strato.
Vou durmir, que para min que estes vanme propoñer pronto para revisa-la viaxe de Marco Polo.
1 comentario:
Desta xente pouco podo dicirche, nin para ben nin para mal. Oín falar deles e só os vin o outro día a conta do teu nacemento. Tamén andaban apampados mirando para tí (como estábamos todos alí, haste queixar), así que tampouco me deu para xulgar moito a súa personalidade.
Como dato negativo... sonche ferrolanos (isto que cho explique teu pai).
Espero coñecelos mellor nun futuro, e xa te porei en alerta sobre eles, non te preocupes.
Un biquiño irmanciño.
Publicar un comentario