Os avós de Cedeira. Que dicirvos deles? Pouca cousa. Só con velos nesta foto xa está todo dito. Sinto que se me foi el sen tomarmos os "macarolos" pero xa o celebraremos, pois sempre estará comigo. Coñecímonos no momento xusto e, aínda que non dera tempo a moito, ten, aínda que agridoce, o sabor de toda unha vida. Sei que a avoa chochea polo seu "Pepiño"( xa me fixo popular por aquelas terras do Santo Andrés de Teixido), e sei que el.... que foi e será eternamente feliz por poder coñecerme.
Avo Amador... puideches esperar para a festa, pero farémola de todos xeitos e ti estarás presente. Prométocho.
1 comentario:
Que juapiño estás no coliño do teu avó. É realmente unha lástima, porque perdes de coñecer a unha persoa marabillosa e divertida como poucas, e como proba están as gargalladas que vivimos con el incluso neses momentos.
Publicar un comentario