miércoles, 4 de abril de 2007

"Mallado"



1 MES. Si, cumprín un mes. Os maiores cando falan din que iso non é nada. Para min TODA UNHA VIDA. Si, non vos riades porque é así. Fun ao pediatra a facer a revisión do mes ( unha especie de ITV ) e sabedes que dixo? -"Mallado". Si, con esa verba que na miña terra non é de levar unha malleira. Entre nós quer dicir que algo está como ten que estar. Vede se non:
Idade:1 mes
Peso: 4770 g.
Talla: 55 cm.
E aquí me tendes disfrazado para a ocasión.
A que vou cumprindo ben?. E se non que llo pregunten a miña nai. A probe é a que ten que padecer a miña gana de comer. É o que mellor se me da. Pero tamén me porto moi ben. No médico todo foron sorrisos da miña banda. Tamen el os merece pois évos moi bo. trátame coma se fose unha xoia moi delicada. Falou cos meus pais dunhas cousas que se chaman vacinas. Non sei que serán, pero xa volo contarei. Seguro que vindo del son cousas boas. Seica me tocan para o mes que vén.

1 comentario:

Unknown dijo...

Non te fíes!!! Iso das vacinas disque é útil, pero non gusta. Non é que pretenda asustarte, pero debería ilegalizalas. O médico diche... tranquilo, non doe, eres moi valiente e todas esas cousas (todo mentiiiiiiira, doe, e tí miras para outro lado porque che da grima).
Son peores que as arañas.