martes, 12 de junio de 2007

A tía Noe


A TÍA NOE

Quen é esta? Que fai na miña casa?
Chámanlle a tía Noe pero aínda non entendo moi ben por qué. Seica veu un día de visita desde Cangas e xa non marchou.

Pois... estámosche bos! Acabo de chegar a este mundo e xa teño unha okupa no meu cuarto.

Ben é certo que de cando en vez cólleme no colo e dáme algún que outro biquiño e cando ninguén a ve cántame unha cancionciña. Algunha vantaxe tiña que ter¿non? Non parece mala rapaza aínda que case sempre anda nas verzas, en que andará a pensar?

Se o descubro xa volo contarei.

No hay comentarios: