Mostrando entradas con la etiqueta Vailles acordar a allada. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Vailles acordar a allada. Mostrar todas las entradas

domingo, 22 de abril de 2007

Manda C.... (2)


E tanta que tivo. Aí vos poño algúns exemplos:
"Un juez cambadés rechaza un hipocorístico


"En O Grove no Registran a Pepe"
( La Voz de Galicia-Sociedad-xoves,19 de abril 2007)
"El juzgado impide que un niño de O Grove se llame Pepe a pesar de que ya lo permite la Ley"
Los padres presentarán recurso.Denuncian que tnto el jez como el fiscal desconocen la nueva legislación
(Faro de Vigo-Arousa e Sociedad-xoves,19 de abril 2007)


"Denuncian que el Registro Civil deniega inscribir a un niño con el nombre de Pepe"
(Diario de Arousa- xoves,19 de abril 2007)

O día 20 nas noticias das 9 da noite en Antena 3, novos titulares na prensa do sábado, meu pai falando na Radio Galega o domingo... en fin demasiado.
Meus pais presentaron xa o recurso contra da decisión do xuiz e ademáis tamén presentaron denuncia contra del e da fiscal ante o Colexio de Notarios e do Rexistro e ante o Fiscal-Xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, por neglixencia na súa actuación.
Se todo va como debe...........Vailles acordar a allada!!.
No que toca ao meu nome.... Eu sigo sendo Pepe e seguirei sendoo. Agora só é cuestión de días que chegue a resolución final de Madrid. Xa vos informarei.
Así que xa vedes....Manda C....!!

E todo isto con mes e medio neste mundo!!!
Polo demais so dicirvos que paso o día a rir, comer e durmir. Debeu ser todo este asunto o que me puxo de tan bo humor.


sábado, 21 de abril de 2007

Manda C..... (1)


Foron moitas as cousas que pasaron nestes días e por iso vos tiven abandonados. Sei que tod@s queredes saber pero de verdade que non tiven case tempo para nada. Non creo que me chegue o espazo para volo contar todo, pero imos polo menos a comezar.
Nesta semana meus pais recibiron unha nova que non se esperaban. Eles xa sabían da nova Lei: A "LEY 3/2007, de 15 de marzo, reguladora de la rectificación registral de la mención relativa al sexo de las personas" publicada o venres 16 de marzo no BOE que di, entre outras cousas:

Por último, se reforma mediante esta Ley el artículo 54
de la Ley del Registro Civil de 8 de junio de 1957. Para
garantizar el derecho de las personas a la libre elección
del nombre propio, se deroga la prohibición de inscribir
como nombre propio los diminutivos o variantes familiares
y coloquiales que no hayan alcanzado sustantividad.


Eles coidaban, miñaxoia! que todos os trámites da miña inscrición no rexistro se ían solucionar dun momento para outro. Ademáis saiu a noticia de que a un meniño do concello de Ames lle fora recoñecida a súa inscrición co nome de Pepe. En fin, xa era só cuestión de días que nos chegase o libro de familia co meu rexistro oficial tal e como eu son: PEPE.
Ai!! Pero, cousas da vida. Mellor dito, cousas dos homes. Aínda mellor: dalgúns.... homes?. O pasado día 18 do mes no que andamos soa unha chamada e...." non se acepta o nome de Pepe para o voso fillo". Meus pais os probes pensaron que era unha broma, pero logo, ao comprobar que non, non entendían ren. ??? Pero ??, Pero??. Abraiados quedaron e no daban nin chío....
Axiña entenderon que algo ou alguén " cometera un erro". Pero non . Alí estaba o papel aquel que dicía que non se aceptaba que eu me chamase Pepe porque unha Lei ( que como se ve xa estaba derogada) non o permitía.
De novo ???. Non daban creto ao que estaban a ler.
E aínda máis. A denegación viña datada no 30 DE MARZO!! e a lei di:
Disposición final quinta. Entrada en vigor.
La presente Ley entrará en vigor el día siguiente al de
su publicación en el «Boletín Oficial del Estado».
Por tanto.
Mando a todos los españoles, particulares y autoridades,
que guarden y hagan guardar esta Ley.
Madrid, 15 de marzo de 2007.

El Presidente del Gobierno,
JOSÉ LUIS RODRÍGUEZ ZAPATERO
JUAN CARLOS R.


É posible que un xuiz encargado do rexistro e unha fiscal non coñeceran a lei?.
(Home neste mundo todo é posible pero.......da moito que matinar)
Ben, o caso é que meus pais dispuxeronse a recurrir o " Auto " que seica é como lles chaman a estas cousas, pero tamén a denunciar o que eles consideraron unha soberana inxustiza e un atropelo, así que.......si, o que xa sabedes: Chamaron á prensa.
O que non contaban eles era a repercusión que ía ter.
E sigo mañá que é hora de durmir e marchar para a cama.