miércoles, 13 de junio de 2007

Para Lolita


Recibin unha carta dunha admiradora que, segundo meus pais é pintora ou algo así. O certo é que é do melloriño que coñezo e, se non estaba prendado abondo dela, con isto que me escribiu tenme xa coladiño polos seus ósos. E é que non é para menos. Para que me entendades aí vola deixo e vós xulgade se teño ou non teño razón:


"Pepeneno, estás moi guapo e moi forte, e xa habrás oido dicir que eres igualiño a teu pai. Bueno, ti eres mais guapo que el, pero non llo vaias a dicir.¿Como se sinte un, subido no colo do seu abó, enriba de un camión tan grandísimo? xa non importa que non teñas papeis Pepe, véseche un tio moi importante, debes ser a envexa de todos os nenos de 57 cms de altura, porque ademais de ter semellante camion(como e de teu abó e como si fora teu) a okupa que tes na casa che canta nanas e che da biquiños. Así calquera,...Claro que, tamen comprendo que non che molara nada iso das vacinas, e estou de acordo contigo en todo canto dís; pero ¿sabes? Non che vai a ser a última putada que che fagan, xa verás cando te obriguen a comer ou dormir anque non teñas ganas, ou, ainda mais pior ¡cando che sonen os mocos!...de momento, ti non sabes o que e iso, pero eu xa che aviso, que eso e algo malísimo que te enrabea moito. Claro, que o tema este, sempre acontece no inverno, e cando chegue ti xa saberás defenderte ben espurreando a todo o que se poña diante no intre de tomar o potito ou esperneando cando te metan a dormir o mismo tempo que as galiñas. Isto que che conto e unha cousa entre nos, e un segredo que temos que compartir, porque si os teus pais saben de esta conversa, van pensar que te estou malcriando e igual xa non che podo avisar de ningunha cousa mais, así que chitón. Bueno amigo Pepe, (eu tamen me vou a presentar)Son un pouco mais grande en todo que ti, excepto na cabeza que penso que por ahí andamos. Chámome Lola que ven de Dolores. Me pregunto porque eu teño papeis e ti non? "


Bendita sexas Lolita e xa tes aqui un amigo para sempre, sobre todo se segues a escribirme cousas tan fermosas
( Ah! é a meu pai caelle a baba polo que dis del )

Un biquiño, mellor un gran biKaso

martes, 12 de junio de 2007

Sobre o meu nome

É un tema co que non vos quero cansar, pero prometin que vos tería ao tanto e aí van as ....esperemos que as penúltimas antes de que se resolva o caso.
Xa vos contara que meus pais recorreron a decisión do xuiz de Cambados e, ao mesmo tempo presentaron unha denuncia diante da Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza contra a fiscal que firmou o informe e ante a Dirección General de los Registros y del Notariado do Ministerio de Justicia contra o xuíz por si había lugar a abrirlles expediente.
Pois ben.
A Fiscalía do TSXG remite o escrito á Fiscalía de Pontevedra " ao corresponderle por razón de territorio ". E esta remite un escrito: " Adjunto remito a V.d. el .... notificarle la resolución.......................se acordó el ARCHIVO........" e pasa a facer unhas consideracións técnicas que mellor non citar siquiera.
Por outr banda tamén escriben dende Madrid no que indican que admiten o recurso polo do nome e que sera resolto or esa Dirección General, e que ao temposolicitarán informes e " se adoptará la decisión que se estime oportuna"
E, sobre o tema ningunha novidade máis.
E ademais xa vos empeza a resultar pesado................pero a min ................Divirteme mogollón.
Chao e ata outra.

A tía Noe


A TÍA NOE

Quen é esta? Que fai na miña casa?
Chámanlle a tía Noe pero aínda non entendo moi ben por qué. Seica veu un día de visita desde Cangas e xa non marchou.

Pois... estámosche bos! Acabo de chegar a este mundo e xa teño unha okupa no meu cuarto.

Ben é certo que de cando en vez cólleme no colo e dáme algún que outro biquiño e cando ninguén a ve cántame unha cancionciña. Algunha vantaxe tiña que ter¿non? Non parece mala rapaza aínda que case sempre anda nas verzas, en que andará a pensar?

Se o descubro xa volo contarei.

Ala... veña..vamos Todos po camión


Guuuaaaauuuu!!!!! Cacho bicho ten o meu avó Pepe. Mirádeo ben. Pero aínda así non se ve todo o que é nesta foto. Tiñades que estar dentro.
Jo, como mola ! É inmenso. Eu, como vedes estou aquí dentro e vese o mundo dende unha altura que non dades imaxinado. ( Debe ser moi importante o meu avó para ter unha cousa así de xigantesca. Seguro )

Aqui estou de novo





Ola amigos!! Tendes que me perdoar, pero diferentes circunstancias fixeron que vos tivera abandonado. De todos xeitos vouvos referir se non todas, bastantes das cousas que aconteceron neste tempo que faltei á miña cita.





Primeiro comunicar que aínda non se resolveu o do meu nome, pero xa se sabe que " las cosas de palacio van despacio" (isto para calquera mortal. Que non será para un sen papeis coma min? ).



Non sei se vos lembrades, que vos dixera que me ían por unhas cousiñas que se chamaban vacinas. Que cabritos, os meus pais e o médico!!. Primeiro danme unha para beber. E eu, xa sabedes, todo o que sexa comer... Pero logo......3 ( Si, tres ) pinchazos seguidos nas miñas perniñas, con aleivosía, que a premeditación xa viña dun mes antes. Como doían aquelas agullas!!. Xa sei qe son polo meu ben, pero xa vai sendo hora de que inventen algo coma aprimeira, para ser comida. Encima van e din:"Total, é moi pequeno para enterarse". Habían de llelo facer a eles! Dicían que era coma facer uns buracos nas orellas, seica para por un adorno cando sexas grande: "É que agora non senten . Son tan pequeniños.." E dino todos cheos de razón. Debiamos xuntarnos e facerlles o mesmo( " É que son tan grandes e tan fortes que seguro que non senten dor" E logo escoitalos a berrar)


Ben pero houbo unha boa nova.Segundo a expresión do pediatra sego " MALLADO". Aí tendes as miñas "marcas "


Peso: 5480

Talla: 58


Perimetro cranial: 40,5


E isto con 2 meses!


De momento nada máis.


Un bicaso