jueves, 29 de marzo de 2007

Os avós de Cedeira


Os avós de Cedeira. Que dicirvos deles? Pouca cousa. Só con velos nesta foto xa está todo dito. Sinto que se me foi el sen tomarmos os "macarolos" pero xa o celebraremos, pois sempre estará comigo. Coñecímonos no momento xusto e, aínda que non dera tempo a moito, ten, aínda que agridoce, o sabor de toda unha vida. Sei que a avoa chochea polo seu "Pepiño"( xa me fixo popular por aquelas terras do Santo Andrés de Teixido), e sei que el.... que foi e será eternamente feliz por poder coñecerme.
Avo Amador... puideches esperar para a festa, pero farémola de todos xeitos e ti estarás presente. Prométocho.

martes, 20 de marzo de 2007

O Día Despois


Jo meu! Menuda a de onte! Claro, era o meu día e, como non podía ser menos, púxenme coma un Pepe. Que un ten que facer sempre honra do seu. Ademáis fun ao médico a facerme a revisión e díxome que estaba feito un machotiño.
Fixádevos: xa peso 4,120 quilos e mido 53,5 cm. E iso con 16 días!!
Por si non fora pouco o do santo a celebrar a boa marcha deste homiño. E para rematar despois de tanta farra a durmir case sete horas dun tirón. Meus pais alucinan. Non era para menos despois de tantas emocións no mesmo día. Agora vou onda miña nai a ver se almorzo que xa vai sendo hora. Xa seguiremos noutro momento. Xa vedes como quedei de estarricado.

lunes, 19 de marzo de 2007

19 M


Olqa a todos. Hoxe madruguei un pouco para saudarvos,porque din os maiores que hoxe é a onomástica?? dos Pepes e Xosés e que hai que dar os parabéns aos que nos chamamos así. Pol tanto quero mandar unha felicitación para todos aqueles que se chamen coma mín, especialmente ao meu avó de Meis e ao meu padriño que xa andarán a tomar o café por eses mundos. Eu vou a ve que me ten preparado de especial a miña nai para o almorzo.
Seica nos días coma hoxe hai que invitar aos coleguis, así que tomade algoá miña conta.Cando poda xa volo pagarei.
Tamén teñolle que facer un apartado moi especial para o meu pai pois disque hoxe se celebra o día dos pais, aínda que eu felicitoo todos os días por esta obra de arte que fixo. Un bico especial para el e para todos aquele que xa son ou van ser pais.
Sobre do meu nome e das aventuras para poder inscribirme no rexistro de cidadáns deste país xa vos contarei cando teña todo arranxado, pois polo de agora son un " sin papeis ".
Teño que irme a almorzar que chama miña nai. Xa seguirei cando me funcione ben o wifi.
Parabéns a todos!!
Moitos bicos

martes, 13 de marzo de 2007

Domingo 11/03



Hoxe é domingo, día de descanso. Só porei algunha foto cos "quemi"( que mi fixeron).
Loxicamente o da esquerda, si ese de gafas é papá e a da dereita que está tan guai é mami.

sábado, 3 de marzo de 2007

Os Padriños


A que non sabedes quen acaba de entrar? .... tachan, tachan.....
Os Padriños
(estes si que teñen pinta de indios!!!)
No colo da Madriña non se está nada mal, paréceme cantareira a rapaza, terei que agardar acontecementos. Polo de agora dame sensacións moi coloridas.
Do Padriño penso que mellor non falar, fica afastado con medo a que lle mexe no colo (todo chegará, tranquilo), mais mirade por onde, este tenme pinta de guitarreiro. Inda vou ter sorte e acertei cun deses canteiros da Strato.

Vou durmir, que para min que estes vanme propoñer pronto para revisa-la viaxe de Marco Polo.

Os Avos de Meis

Meus amigos, abro os ollos e, alí están! Os do cupé!!!.
Contan que chegaron a fume de carozo, e inda que namorar namoraron ó carón, non daban atopado o xeito de entrar no hospital.
Aló nos adentros, xa os ouira falar. Que se o carrito había ser vermello, que se o laranxa non pega coa tapicería, que mira ti que mudiña con bolocos máis fermosa (a esta parte témolle), ou que berce mais amañadiño nos quedou.
E que tendo tantas referencias é difícil non terse feita unha foto no maxín. Agora ben, agás eses temiñas mencionados, os rapaces parecéronme boa xente (non vin o albariño do Salnés por ningures, supoño que o gardan para o día da festa, falarei co avó).

Esto évos moito, vou durmir para coller folgos


Meus irmanciños


O meu irmán Iván:

Eu debo ser alguén importante, porque foi saír ó mundo exterior... e
aparecer todo o mundo para verme. Non sei a que se debe tanto protagonismo, eu só quero que me deixen durmir, que levo meses dentro de miña nai... e a viaxe foi esgotadora.
Entre os que viñeron, chegou unha parelliña "ben mantida". Seica son o meu irmán Iván (o máis vello) e a súa moza, Lupe.
Ela parece bastante normal, pero el... aquí entre nós, paréceme un pouco tontiño. Chegou medio cortado, saudou malamente á xente... e púxose a mirar para min coma un papán. Vin nos seus ollos unha expresión de total abraio, parece que nunca vira un neno.
Segundo o que me contaron, o rapaz vive en Santiago coa moza e con Anxo. Non sei a que andarán alá, co ben que se está aquí na casiña...
Ben, polo menos parece que se acorda de min, xa me dixo por vía deste blog que me falará a miúdo a través del, inda que eu espero que tamén me veña a ver de cando en vez... e a ver se trae algún regalo, que o día que nacín non trouxo absolutamente nada, AGHARRADO!

Vou ver se me escribiu algo no blog, que me manda uns consellos bárbaros.

Do outro.......do outro non sei como explicalo.este xa case estaba aquí antes de eu nacer. Chámase Anxo e a verdade é que parecer, o que se di, parecer un anxo...deixémolo aí. Si que semella moi bo “rapas”. Se é tan bo como abulta abóndalle. Seica...din....que é o " pequeno".Que concepto terán os maiores dos tamaños? porque se isto que eu vexo é pequeno ..que serei eu? Ben o choio acabóuselle, pois agora estou eu. Non sei se será o ..mediano? Dende logo visto dende aquí parece o “meirande”

O que si sei é que non se move do meu lado. Aínda non alborexa o día e xa está a carón meu. Parece moi heavy o rapaz e coido que con el me vou entender moi ben. E o que mais se parece a min en todo: música heavy, roupa informal en todo o senso da palabra( eu de momento non, pero non é culpa miña),pelo un pelín longo como me gusta levalo a min. Ah! e xa lle dixen que cando medre que se prepare pis pasareille por riba.A verse me conta algunhas cousiñas neste blog para que vós tamén o coñezades un pouquiño.

Vale como presentación por hoxe chega.Vou durmir un puco que con tanta visita cansei un pouco. Baixade un chisquiño o volume porfa..mmm...mm..m.

Meus pais

Daquela, por fin coñezo as facianas das voces esas que soaban estes nove meses. Non é sinxelo vivir cuns sons que che chegan do máis aló a cada momento. Un afaise, mais non chega a ser unha situación cómoda (deixémolo aí).

Por unha banda está Papá, o fotógrafo, faleivos del na anterior entrega. Parece bo rapaz!, mais a proba terá que pasala cos cueiros, aí será onde eu me faga unha idea (xa contarei, xa contarei). Polo de agora, xa logra que cale dun xeito rápido e eficiente.

Logo teño a Mamá, que polo de agora mantense na cama mirándome con cara curiosa. Espero que non me faga pagar todas as que lle fixen.... imaxinádesvos o que é estar 9 meses metidos nunha bolsa con auga?, sen poder ver Salsa Rosa!!!! pois eso, un abúrrese e da patadas. Mais ten pinta de boíña, a outra que vou probar cos cueiros, non, non, mellor coa comida. Para entretelos.

Resumindo, que penso que tiven sorte cos rapaces que me tocaron.

A primeira experiencia tecnolóxica


Vaia, non levo aquí nin tan sequera 15 minutos e xa teño ó meu carón eso que a miña nai sempre lle andaba soando no peto, e non baixo precisamente.

Xusto cando eu estaba saudando ó mundo vin preto da miña faciana un aparello que en nada se asemellaba a min. Velaí o artiluxio, informacións recentes suxírenme que se chama mobil. Polo de agora foi empregado para retratarme, facer filmes meus e poñe-lo meu saudo como reclamo para falar de min.

Non sei, terei que estudar con detemento ese cacharro que tanto coidan meus pais, e algún que outro paseante que ven da-la bara tan cedo.

Se non vos importa, eu vou seguir durmindo

Ola, ós da Terra


Ola xentiña, estas son as miñas primeiras verbas ós que estades aquí na Terra. Que coma sempre, algún pouco letrado deu en chamar choros aquelo que se lle escapaba das entendedeiras. Veño dun sitio onde todo é perfecto: casa quentiña das de fartura no xantar, cama moumiña das de perguiza consentida e mans doces das medradas para aloumiña-los beizos. Oinvos de todo alí dentro, mais ogallá esto sexa igual de sinxelo e xenial.

Polo de agora dicirvos que segundo uns fulanos que se atopaban nunha habitación excesivamente fría e sen música, fan falla 52 raiñas das chamadas centímetros para chegar dende os pes á cabeza.
Coas poucas horas que levo aquí fora, repito onde a cousa está algo fría de máis, diría eu, non chego a acertar onde está a ventaxa ou desventaxa de xuntar tanta raiña. Iso si, ó Anxo a cousa parécelle normal e á Mar desfaise en loubanzas lembrando outro dato: 3 kilos e 900 gramos. Que digo eu, aquí todo vai numerado?.

Se me permitides vou durmir un anaco.