lunes, 19 de marzo de 2007

19 M


Olqa a todos. Hoxe madruguei un pouco para saudarvos,porque din os maiores que hoxe é a onomástica?? dos Pepes e Xosés e que hai que dar os parabéns aos que nos chamamos así. Pol tanto quero mandar unha felicitación para todos aqueles que se chamen coma mín, especialmente ao meu avó de Meis e ao meu padriño que xa andarán a tomar o café por eses mundos. Eu vou a ve que me ten preparado de especial a miña nai para o almorzo.
Seica nos días coma hoxe hai que invitar aos coleguis, así que tomade algoá miña conta.Cando poda xa volo pagarei.
Tamén teñolle que facer un apartado moi especial para o meu pai pois disque hoxe se celebra o día dos pais, aínda que eu felicitoo todos os días por esta obra de arte que fixo. Un bico especial para el e para todos aquele que xa son ou van ser pais.
Sobre do meu nome e das aventuras para poder inscribirme no rexistro de cidadáns deste país xa vos contarei cando teña todo arranxado, pois polo de agora son un " sin papeis ".
Teño que irme a almorzar que chama miña nai. Xa seguirei cando me funcione ben o wifi.
Parabéns a todos!!
Moitos bicos

2 comentarios:

Xose dijo...

Moi bo día Pepe!!! a festexa-lo día e a prepararse para a primeira gran esmorga!!!. Ben sei que has ter foilada ata a noite. Os "naronianos" dende o noso planeta tamén estaremos montando farra, porque non vaias pensar, mais o noso rexedor integaláctico deu día feirado para que ningún Pepe quede sen convidar a unha taza do pais.
Os furanchos e laureiros desta banda do universo non che teñen tanta fartura coma os daí, mais en noites coma a pasada sonche as Pepas as que se encargan de ameniza-la troula cos seus cantares (tal sereas que se precien).
Así que a pasalo moi ben!!!!!.

Iván dijo...

Filisidadeeeeeeeesssssss.
Espero que che guste o regaliño que che levamos o sábado (xa que vimos que nos andas a chamar cutres).
E por certo, contáronme un segrediño; seica contas con webcam na túa casa, así que non quero disculpas, xa podes conectarte ó messenger para saudar ó teu irmán e contarlle como che vai!
Veña, ata loguiño, dalles saúdos ós teus pais.