sábado, 3 de marzo de 2007

Meus irmanciños


O meu irmán Iván:

Eu debo ser alguén importante, porque foi saír ó mundo exterior... e
aparecer todo o mundo para verme. Non sei a que se debe tanto protagonismo, eu só quero que me deixen durmir, que levo meses dentro de miña nai... e a viaxe foi esgotadora.
Entre os que viñeron, chegou unha parelliña "ben mantida". Seica son o meu irmán Iván (o máis vello) e a súa moza, Lupe.
Ela parece bastante normal, pero el... aquí entre nós, paréceme un pouco tontiño. Chegou medio cortado, saudou malamente á xente... e púxose a mirar para min coma un papán. Vin nos seus ollos unha expresión de total abraio, parece que nunca vira un neno.
Segundo o que me contaron, o rapaz vive en Santiago coa moza e con Anxo. Non sei a que andarán alá, co ben que se está aquí na casiña...
Ben, polo menos parece que se acorda de min, xa me dixo por vía deste blog que me falará a miúdo a través del, inda que eu espero que tamén me veña a ver de cando en vez... e a ver se trae algún regalo, que o día que nacín non trouxo absolutamente nada, AGHARRADO!

Vou ver se me escribiu algo no blog, que me manda uns consellos bárbaros.

Do outro.......do outro non sei como explicalo.este xa case estaba aquí antes de eu nacer. Chámase Anxo e a verdade é que parecer, o que se di, parecer un anxo...deixémolo aí. Si que semella moi bo “rapas”. Se é tan bo como abulta abóndalle. Seica...din....que é o " pequeno".Que concepto terán os maiores dos tamaños? porque se isto que eu vexo é pequeno ..que serei eu? Ben o choio acabóuselle, pois agora estou eu. Non sei se será o ..mediano? Dende logo visto dende aquí parece o “meirande”

O que si sei é que non se move do meu lado. Aínda non alborexa o día e xa está a carón meu. Parece moi heavy o rapaz e coido que con el me vou entender moi ben. E o que mais se parece a min en todo: música heavy, roupa informal en todo o senso da palabra( eu de momento non, pero non é culpa miña),pelo un pelín longo como me gusta levalo a min. Ah! e xa lle dixen que cando medre que se prepare pis pasareille por riba.A verse me conta algunhas cousiñas neste blog para que vós tamén o coñezades un pouquiño.

Vale como presentación por hoxe chega.Vou durmir un puco que con tanta visita cansei un pouco. Baixade un chisquiño o volume porfa..mmm...mm..m.

No hay comentarios: