sábado, 3 de marzo de 2007

Os Avos de Meis

Meus amigos, abro os ollos e, alí están! Os do cupé!!!.
Contan que chegaron a fume de carozo, e inda que namorar namoraron ó carón, non daban atopado o xeito de entrar no hospital.
Aló nos adentros, xa os ouira falar. Que se o carrito había ser vermello, que se o laranxa non pega coa tapicería, que mira ti que mudiña con bolocos máis fermosa (a esta parte témolle), ou que berce mais amañadiño nos quedou.
E que tendo tantas referencias é difícil non terse feita unha foto no maxín. Agora ben, agás eses temiñas mencionados, os rapaces parecéronme boa xente (non vin o albariño do Salnés por ningures, supoño que o gardan para o día da festa, falarei co avó).

Esto évos moito, vou durmir para coller folgos


No hay comentarios: