martes, 12 de junio de 2007

Aqui estou de novo





Ola amigos!! Tendes que me perdoar, pero diferentes circunstancias fixeron que vos tivera abandonado. De todos xeitos vouvos referir se non todas, bastantes das cousas que aconteceron neste tempo que faltei á miña cita.





Primeiro comunicar que aínda non se resolveu o do meu nome, pero xa se sabe que " las cosas de palacio van despacio" (isto para calquera mortal. Que non será para un sen papeis coma min? ).



Non sei se vos lembrades, que vos dixera que me ían por unhas cousiñas que se chamaban vacinas. Que cabritos, os meus pais e o médico!!. Primeiro danme unha para beber. E eu, xa sabedes, todo o que sexa comer... Pero logo......3 ( Si, tres ) pinchazos seguidos nas miñas perniñas, con aleivosía, que a premeditación xa viña dun mes antes. Como doían aquelas agullas!!. Xa sei qe son polo meu ben, pero xa vai sendo hora de que inventen algo coma aprimeira, para ser comida. Encima van e din:"Total, é moi pequeno para enterarse". Habían de llelo facer a eles! Dicían que era coma facer uns buracos nas orellas, seica para por un adorno cando sexas grande: "É que agora non senten . Son tan pequeniños.." E dino todos cheos de razón. Debiamos xuntarnos e facerlles o mesmo( " É que son tan grandes e tan fortes que seguro que non senten dor" E logo escoitalos a berrar)


Ben pero houbo unha boa nova.Segundo a expresión do pediatra sego " MALLADO". Aí tendes as miñas "marcas "


Peso: 5480

Talla: 58


Perimetro cranial: 40,5


E isto con 2 meses!


De momento nada máis.


Un bicaso










No hay comentarios: